excursiones

Una excursión e tres roteiros sobre a historia de Ribadavia

20171102202846951_result
photo_camera O Museo Etnolóxico de Ribadavia.

A finalidade destes roteiros está en dar a coñecer o patrimonio cultural, monumental e a historia desta vila que é cabeceira da comarca do Ribeiro

A Asociación Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia ten programada para os meses de novembro e decembro tres roteiros pola historia e arte da vila, unha excursión polo románico e un concerto no Nadal.

Os días 4, 11 e 18 de novembro desenvolveranse os roteiros "Jardinillos" e cemiterio, en homenaxe aos devanceiros, que comezará ás 12,00 horas na Casa do Escudo; e tamén o chamado San Domingos. O Rei García, San Telmo e o anxo gaiteiro, que será unha viaxe no tempo ao antigo Reino de Galicia. Neste caso a saída é as 13,00 horas desde o Adro de San Domingos.

A terceira ruta ten que ver co urbanismo de Ribadavia, sobre a súa morfoloxía e evolución do seu plano. Está previsto para o día 2 do vindeiro mes de decembro, co punto de encontro ás 12,00 horas, na Praza Maior de Ribadavia.

A finalidade destes roteiros está en dar a coñecer o patrimonio cultural, monumental e a historia desta vila que é cabeceira da comarca do Ribeiro. A actividade será de balde para os socios da entidade organizadora e aos non socios costaralles un euro.

A excursión polo románico do Ribeiro farase o 8 de decembro e terá un coste de 25 euros para os socios e de 30 para o resto dos participantes. A programación remata o 23 de decembro cun festival de panxoliñas, ás 19,00 horas, no convento franciscano de San Antonio.

Por outra banda, o Museo Etnolóxico ofrece desde hoxe o Cine de Outono con películas como La Cour de Babel, El tren de la memoria, Babai y Miss Ledya.

Te puede interesar