A mostra recolle instrumentos, ferramentas e escritos da figura referente da música galega

Unha exposición achega a Faustino Santalices ó público

O Museo Etnolóxico de Ribadavia inaugurou onte a primeira exposición adicada a Faustino Santalices. Instrumentos musicais, ferramentas que empregou para a súa elaboración e algúns dos seus escritos conforman esta mostra coa que se pretende achegar a figura deste estudioso da música tradicional galega ata o gran público, xa que como apuntaban os participantes na presentación da mesma, a súa obra ata agora foi sobre todo obxeto de analese no ámbito da investigación. Entre os asistentes atopábanse membros da familia como Eva Jiménez, viuda de Faustino Santalices Muñiz,e a súa filla Rosa.
O director do Museo Etnolóxico, Carlos Sierra, apuntou que 'a recuperación da tradición musical dos últimos 30 anos non se podería comprender sen esta figura e gracias o seu fillo que fixo posible que o seu legado chegue a nós'. Antón Seoane, autor da biografía do homenaxeado, sinalou que Faustino Santalices ten máis de 90 composicións, o mesmo tempo que aproveitaba a ocasión para reivindicar adicarlle o Día das Letras Galegas. O músico do grupo Milladoiro destacou non só a súa faceta máis coñecida como zanfonista senón tamén ó artesán, investigador e tamén ó cantante.

Os comisarios da exposición, os irmáns Castro Vicente, referíronse a súa trascendencia para a música galega posterior, presentando un catálogo no que se recolle unha información máis detallada dos elementos da mostra.


AUTORIDADES

Entre as autoridades que presidiron o acto atopábase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, quen asegurou que Ribadavia, pola súa riqueza patrimonial e artística, é o mellor lugar para presentar a exposición 'Faustino Santalices, tradición musical galega', que xa está aberta o público no Museo Etnolóxico. Tamén o director xeral de Patrimonio Cultura, José Manuel Rey, anunciou que entre os meses de setembro e xaneiro do ano que ven desenvolveranse unha serie de actividades co obxetivo de dar a coñecer o valor da música e dos intrumentos que a producen entre os escolares. Do mesmo xeito ca exposición, indicou que as actividades tamén contarán co apoio da Consellería de Cultura.

Te puede interesar