Exposición sobre San Cipriano no Etnolóxico

O Museo Etnolóxico de Ribadavia inaugura hoxe ás 12,00 horas a exposición "San Cipriano o Mago: de oracións, ciprianillos e tesouros" organizada pola Xunta de Galicia, con motivo do Xacobeo 2021, o Museo Etnolóxico de Ribadavia, e o avogado, antropólogo, e coleccionista de ciprianillos Félix Castro Vicente. O deseño e montaxe da exposición corre a cargo de Xosé Lois González e Disigna Edenia, e as fotografías son de Mark Ritchie.

A exposición amosa  máis de 150 obxectos propiedade de Félix Castro reunidos durante os últimos 20 anos sobre a figura e culto de San Cipriano o Mago, San Cipriano de Antioquía, o santo mago cristián por excelencia. Son libros, gravados, oracións, amuletos, rolos máxicos e obxectos varios, procedentes de moitos países do mundo, repartidos en catro ámbitos: o relixioso , destacando a Oración de San Cipriano; o seu aspecto máxico, sendo de salientar o Libro de San Cipriano; sobre o Libro de San Cipriano e a busca de tesouros e finalmente sobre San Cipriano no mundo.

Te puede interesar