Sucesos en Ourense | Falece un operario en Ribadavia tras caer dunha carretilla por unha posible indisposición

Helicóptero de Urgencias.
photo_camera Un helicóptero de urxencias. (Arquivo)

Os feitos ocorreron este mércores en San Cristovo

Un operario faleceu este mércores en Ribadavia ao caer dunha carretila tras sufrir unha posible indisposición mentres a manexaba, informan desde 112 Galicia.

Os feitos sucederon en Ribadavia, no lugar de San Cristovo, pouco antes das seis e media da tarde. Foi, a esa hora, cando un compañeiro do traballador contactou co 112 Galicia para dar conta da súa situación.

Dende Emerxencias Galicia solicitaron a intervención de urxencias sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para atender ao traballador. A pesar dos esforzos, non puideron facer por salvarlle a vida.

Tamén se avisou a Policía Local, Garda Civil e GES de Ribadavia.

Te puede interesar