A falta de implicación dos socios amenaza a Coto do Frade

A Asociación Ecoloxista Coto do Frade do Ribeiro convoca unha asamblea xeral para o próximo 22 de este mes de febreiro porque, según recoñece a súa xunta directiva, a entidade 'está pasando polo momento máis delicado dende a súa fundación, debido á falta de implicación da súa base social e a perda de forza no seu grupo de traballo, onde a posible disolución se presenta como una posibilidade real'.
Os responsables da asociación sinalan que 'hoxe máis que nunca a loita ecoloxista precisa dun esforzo adicional por parte da cidadanía e non podemos deixar que a situación actual relegue ó ecoloxismo xa non a un segundo ou terceiro plano, senón fora das preocupacións cotiás'.

Por ese motivo, a directiva convoca a asamblea a fin de expoñer a situación a tódolos socios, nun intento de implicalos directamente na labor de loita polo medio ambiente.

A convocatoria contempla no seu cuarto punto do orden do día desta asamble extraordinaria a posibilidade de disolver a entidade. Ademáis, presentarase un resumo de actividades dende a última asemblea ordinaria, as contas e a elección de nova xunta directiva, sempre e cando non se acorde previamente a disolución, ademáis do apartado de rogos e preguntas

A asemblea terá lugar o vindeiro venres, ás 20,00 horas en primeira convocatoria e ás 20,30 en segunda, na Casa da Cultura de Ribadavia.

Te puede interesar