O Ribeiro

Fátima Pego, cantante da orquestra Panorama, ríndese aos encantos da Arnoia

Arnoia 1/8/20
Festa do pemento en Arnoia por los bares del pueblo
Jesús,Fátima,Tania,Nico
Fotos Martiño Pinal
photo_camera Fátima Pego (esquerda) e Tania Veiras (dereita) na Festa do Pemento da Arnoia.

A vocalista da orquestra galega visitou a localidade do Ribeiro con motivo da Festa do Pemento

Este fin de semana a localidade ourensá da Arnoia celebra a súa Festa do Pemento. Unha celebración atípica na que a crise do coronavirus obrigou a readaptar o formato da festa gastronómica, cambiando a degustación que tiña lugar no recinto da Queixeira por unha ruta gastronómica a través dos establecementos da localidade. Entre as persoas que se achegaron ata Arnoia nesta primeira xornada destacan rostros coñecidos como o de Fátima Pego, a vocalista da orquestra Panorama. Pego degustou o producto estrela da Arnoia en compañía da súa compañeira de profesión, a cantante Tania Veiras. 

A orquesta Panorama tamén se viu afectada polo covid-19, sendo unha das primeiras formacións que anunciou a cancelación da súa xira para este 2020 debido á imposibilidade de adaptar o seu espectáculo ao formato requerido pola nova situación.

Esta edición da Festa do Pemento contou con máis rostros coñecidos, como o da cantante galega Pili Pampín, quen se achegou ata a localidade ourensá para probar os pementos da Arnoia.

Arnoia 1/8/20
Festa do pemento en Arnoia por los bares del pueblo
Alicia,Pili Pampín,Pachi,José Manuel
Fotos Martiño PinalArnoia 1/8/20
Festa do pemento en Arnoia por los bares del pueblo
Ramón,Inés
Fotos Martiño Pinal

Te puede interesar