As festas do Portal rematan cun espectáculo pirotécnico

<p></p>
photo_camera Os fieles acompañaron á Virxe do Portal no traslado á súa capela.

Un desfile de xigantes e cabezóns polas rúas céntricas da vila abrirá ó mediodía a programación deste sábado, terceiro e último día dos festexos.

As festas na honra da Virxe do Portal, patrona de Ribadavia e da comarca do Ribeiro, chegarán hoxe ó seu remate. Na tarde de onte, os veciños despedían á sua patrona coa procesión do traslado da imaxe da Virxe dende a igrexa de Santo Domingo ata a súa capela, co acompañamento da banda de música de Santa Cruz de Ribadulla, e tra-la misa cantada pola coral do Club Artístico.

Un desfile de xigantes e cabezóns polas rúas céntricas da vila abrirá ó mediodía a programación deste sábado, terceiro e último día dos festexos. Pola tarde, o grupo Tres Pesos ofrecerá un concerto ás 19,00 horas no patio do Museo Etnográfico, e, unha hora máis tarde, as bandas A Lira e de Agolada interpretarán as súas pezas no auditorio do Castelo.

A fachada da fortaleza medieval acollerá, ás 00,30 horas, un gran espectáculo pirotécnico, o que seguirá o festival de clausura, cos grupos The Castle of Dreams, Gioli e The Prieto Brothers.

Te puede interesar