O Festival Arteficial de Ribadavia presenta a súa programación para a súa edición de 2022

RIBADAVIA (PRAZA DO BUXÁN). 01/09/2018. OURENSE. Concierto del grupo musical Ayatollah y mercado das sementes, actividades dentro del Festival Arteficial. FOTO: ÓSCAR PINAL.
photo_camera RIBADAVIA (PRAZA DO BUXÁN). 01/09/2018. OURENSE. Concierto del grupo musical Ayatollah y mercado das sementes, actividades dentro del Festival Arteficial. FOTO: ÓSCAR PINAL.
Ata sete concertos animarán a Praza da Madalena o próximo sábado 3 de setembro

O Festival Arteficial celebra este ano a súa 16º edición o sábado 3 de setembro na contorna da Praza da Madalena en Ribadavia (Ourense). Nesta edición regresa a ubicación orixinal do festival, que por mor da covid mudara á Alameda de Ribadavia. Nesta xornada terán lugar sete concertos que se desenrolarán ao longo do día.

"Tamén contaremos coa presenza do Mercado das Sementes nos soportais da praza, como estabamos acostumados", valoran desde a organización. Este ano, os integrantes do cartel estarán divididos nos escenarios habituais, dentro da igrexa da Madalena, así como nas prazas colindantes. "Contaremos coa presenza dos portugueses Unsafe Space Garden, que nos levarán de viaxe existencial con tintes de humor para axudarnos a liberarnos" engaden.

"Os intensos Gator, the aligator, tamén lusos, farán tremer o casco histórico de Ribadavia co seu garage rock. E seguimos en Portugal con Grand Sun, coa súa música influenciada polos anos 60 e 70 e que oscila entre o pop psicodélico e o garage rock con tintes de Post Punk", recuerdan los organizadores.

"Voltamos a Galicia para atoparnos con Bifannah, catro galegos multidisciplinares distribuidos entre Barcelona e Londres. Poñemos o toque local co grupo do Ribeiro Todas
Las Batallas Perdidas, que percorren diferentes emocións e sentimentos como a crueldade, a infancia ou a paz a través das súas cancións. Tamén estarán as feministas Fillas da Cassandra, que unen a música tradicional coa electrónica, e rematamos coa madrileña Espineli, un sopro de aire fresco e xuvenil con referencias bakalapop", engaden.

Este ano tamén contaremos cunha exposición que se poderá visitar no Museo Etnolóxico de Ribadavia. As condicións de acceso e permanencia no recinto están suxeitas á normativa vixente en materia sanitaria para previr os contaxios por Covid, e poden sofrir modificacións en función da aprobación de novas normas que modifiquen as condicións vixentes no momento de adquisición da entrada.

Ademais, o Festival Arteficial activa un protocolo contra as agresións machistas cada ano para ofrecer ferramentas na loita contra as agresións machistas, facilitando pasos a seguir, información e apoio á vítima.

O festival é de entrada gratuíta, realizándose no espazo público do conxunto histórico de Ribadavia, e tendo por obxectivo o achegamento de propostas culturais de
vangarda ao medio rural. A súa vez, e por terceiro ano consecutivo, establécese unha entrada solidaria e voluntaria que consiste nunha doación de alimentos non perecedeiros en colaboración con A Cruz Vermella.

Para a súa financiación o Festival Arteficial ten aberta unha convocatoria de captación de socias. Cun donativo de 10 euros, as socias colaboran co seu financiamento. Ao longo do evento, haberá un punto destacado para esta campaña. O Festival Arteficial é un proxecto creado pola Asociación sen ánimo de lucro Arteficial,  integrada por xente moza da comarca interesados no desenrolo económico, cultural e a supervivencia do medio rural en Galicia.

O Festival Arteficial está patrocinado polo Concello de Ribadavia, Deputación de Ourense, Doppler Xestión Cultural, Cruz Vermella, Cervezas Alhambra e os socios e socias de Arteficial.
 

Te puede interesar