Concurso

O Festival de Teatro de Ribadavia convoca un concurso para adolescentes

Deberán enviarse ata o 27 de xullo a [email protected].

A Mostra Internacional de Teatro, MIT de Ribadavia, pon en marcha un proxecto novo para público adolescente. Trátase do concurso "A miña primeira MIT", unha aposta clara por ampliar e contar co público como protagonista, especialmente coa creatividade e a participación dos de idade adolescente. O proxecto nace coa intención de fomentar a participación da xuventude nos ámbitos cultural e periodístico, e tamén co obxecto de fomentar os valores culturais, do uso da lingua galega e do patrimonio. 

Poderán participar todas as persoas que o desexen e acudan á MIT 2020 e teñan entre 15 e 18 anos. Estará dotado con un primeiro premio de 100 euros, unha estadía para catro persoas que consistirá nunha noite en réxime de aloxamento e almorzo, e acceso ó spa nun hotel de Galicia, e a publicación do artigo. O segundo premio será de 50 euros, un lote de produtos Coren valorado en 50 euros e publicación do artigo. Ademais, de un terceiro que consiste nun lote de produtos Coren e a publicación do artigo.

Os textos deberán expresar unha reflexión orixinal sobre algunha experiencia ou a recepción dalgún espectáculo ou varios espectáculos da MIT de Ribadavia, apoiado por unha imaxe. Deberán enviarse ata o 27 de xullo a [email protected]. Os gañadores escolleranse entre unha persoa designada por La Región e unha persoa designada pola MIT. O acto de entrega terá lugar nas instalacións de La Región, medio no que se publicarán os textos gañadores.

Te puede interesar