POLÍTICA LOCAL

O grupo Ribeiro en Común alerta do vandalismo no casco antigo

A este grupo da oposición na Corporación cónstanlle queixas veciñais a este respecto, e por elo reclama unha maior intervención do Concello

O grupo municipal de Ribeiro en Común solicita do Concello de Ribadavia unha maior vixiancia no municipio, especialmente no casco histórico, onde teñen detectado que "un grupo de vándalos semella ter inmunidade para actuar no espazo público". Neste sentido, esta formación política apunta que "veñen de aparecer novas pintadas, ás que xa se lle unen outras vellas aparecidas neste mandato municipal, e fronte ás cales non se tomaron medidas no seu momento".

A este grupo da oposición na Corporación cónstanlle queixas veciñais a este respecto, e por elo reclama unha maior intervención do Concello, como a vixiancia da Policía Local nas rúas do casco histórico, "para a cal é preciso reforzar o servizo e se é preciso pagando o plus de nocturnidade". Asemade, Ribeiro en Común pide establecer "unha nova quenda de varrendeiros para o servizo de limpeza, que evite situacións de suciedade dende a mañá".

Te puede interesar