política

O grupo Ribeiro en Común critica os recortes no colexio público de Ribadavia

Dende a formación lembran a decisión da Xunta de eliminar un aula de educación infantil

O grupo municipal de Ribeiro en Común reclama a aprobación, no vindeiro pleno de setembro da Corporación de Ribadavia, que o Concello impulse unha declaración institucional de apoio á unidade infantil da Alameda do colexio público Tomás de Lemos, "fronte aos recortes e ratios antipedagóxicas que impoñen desde a Consellería de Educación". 

Esta formación lembra que o departamento educativo da Xunta decidiu eliminar para este novo curso un aula de educación infantil, o que, según eles, motivou "que pais e nais tiveran que buscarse alternativas fóra deste centro, e por conseguinte o centro foi aínda reducíndose máis". Ribeiro en Común tamén solicita que o Concello "reclame e reivindique a defensa dun criterio de educación pública de calidade para todos os centros educativos do noso municipio, como son o CEIP Ribadavia e o CRA Amencer".

Te puede interesar