política local

O grupo Ribeiro en Común insta á consensuar un plan de obras

Esta formación política da oposición en Ribadavia tamén demanda "o compromiso de tódolos grupos políticos e o propio goberno municipal para realizar un Plan director de San Xés de Francelos

O grupo municipal de Ribeiro en Común de Ribadavia solicita ó novo equipo de goberno de la villa "que deixe de imitar ao anterior na toma de decisións e na falta de diálogo e consenso con todos os grupos", aludindo ó acordo do Concello polo que se anulou a reforma prevista na contorna da capela de San Xés de Francelos, declarada Ben de Interese Cultural. Por este motivo, Ribeiro en Común reclama a convocatoria da comisión de portavoces municipais "para consensuar e elaborar un plan de obras, e na medida do posible se evite a unilateralidade e ausencia de diálogo con todos os grupos da Corporación".

Esta formación política da oposición en Ribadavia tamén demanda "o compromiso de tódolos grupos políticos e o propio goberno municipal para realizar un Plan director de San Xés de Francelos, e así poder levar a cabo a reforma do seu entorno o antes posible e de maneira prioritaria". Finalmente, Ribeiro en Común solicita que "o remate das obras das beirarrúas de Francelos sexa unha prioridade para o Concello, ao tratarse dun proxecto paralizado polo anterior goberno municipal que ocasiona gran malestar á cidadanía".  Este grupo lembra, ó respecto, que a obra das beirarrúas de Francelos comezou á principios deste ano e levan paralizadas desde o mes de maio, cumprindo así máis de nove meses dende o seu inicio.

Te puede interesar