POLÍTICA

O grupo Ribeiro en Común quere consenso para depurar o censo

A formación fai esta proposta "pola nosa preocupación sobre a situación irregular do censo en Ribadavia, en aras de seguir reclamando garantías legais e democráticas".
O grupo municipal de Ribeiro en Común de Ribadavia vén de presentar unha moción para o seu tratamento plenario, na que solicita a creación dunha comisión representativa de tódolos grupos da Corporación para que leve a cabo a actualización do censo electoral. Esta formación política tamén pide  a realización dun informe técnico "do procedemento de todas as altas no censo que os grupos municipais consideren oportunas estudar e avaliar, no que se aborde a data e tipo de mecanismo esixido pola lei". Ribeiro en Común fai esta proposta "pola nosa preocupación sobre a situación irregular do censo en Ribadavia, en aras de seguir reclamando garantías legais e democráticas".

Te puede interesar