CONCELLO

O grupo Ribeiro en Común quere ver o proxecto do campo sintético

Os dirixentes de Ribeiro en Común lembran que, "por culpa da irresponsabilidade e da chapuza cometida no seu día, agora temos un campo de herba artificial clausurado".

O grupo de Ribeiro en Común na Corporación municipal de Ribadavia volverá reclamar ao goberno local que faga entrega á oposición do proxecto do novo campo de herba sintético, que está previsto construir na zona de O Xestal, para que poida ser analizado con detalle. Esta formación política considera que "non é lóxico nin democrático que o Concello teña secuestrado dito proxecto, do que non nos podemos fiar sen estudalo antes".

Os dirixentes de Ribeiro en Común lembran que, "por culpa da irresponsabilidade e da chapuza cometida no seu día, agora temos un campo de herba artificial clausurado". Deste xeito, engaden que "para non volver cometer os erros do pasado, esiximos do Concello que o proxecto sexa coñecido públicamente ", e instan a fixar un prazo para que os clubes e usuarios potenciais do novo campo poidan opinar sobre o mesmo.

Te puede interesar