o ribeiro

O grupo Ribeiro en Común urxe a limpar as áreas de recreo fluviais

Reclámase que se desbroce a maleza, así como o seu axardinamento e a instalación de mesas e bancos na súa contorna

Os concelleiros de Ribeiro en Común de Ribadavia veñen de solicitar a limpeza e o acondicionamento urxente das áreas recreativas do municipio ubicadas á beira dos ríos Miño, Avia e Outeiro, ante o estado de abandono que, según eles, presentan na actualidade. Concretamente, este grupo municipal reclama o desbroce da maleza existente en toda a zona do Pociño, xunto ó río Outeiro, na parroquia de Francelos, así como o seu axardinamento e a instalación de mesas e bancos na súa contorna.

Tamén consideran necesarias melloras en San Cristovo e no Muíño da Raíña, ambos no río Avia; a zona de baño pública en Prexigueiro, no río Cerves, e en San Paio e Ventosela, xa que, neste último caso, opinan que "Ribadavia continúa a vivir ignorando o potencial do río Miño, a pesar de dispor da metade do encoro de Castrelo". 

Te puede interesar