reciclaxe

A hostalería colaborará na reciclaxe de plásticos

A iniciativa comezará nos establecementos do centro urbano e extenderase pouco a pouco a máis establecementos que queiran colaborar

A Concellería de Medio Ambiente de Ribadavia en colaboración coa organización Ecoembes xestiona un convenio mediante o que se proporá aos hostaleiros o uso de contenedores amarelos para a separación de plásticos e envases lixeiros, dentro dos propios establecementos. Ademais, levarase a cabo a mellora de acceso aos contenedores da rúa para un rápido e máis cómodo baleirado dos mesmos. 

A iniciativa comezará nos establecementos do centro urbano e extenderase pouco a pouco a máis establecementos que queiran colaborar, segundo sinala a concelleira responsable deste departamento, María López Touza.

Nese mesmo sentido, apunta a concelleira que "promoveremos a formación e mellor funcionamento do reciclaxe nos centros escolares, con contenedores tanto azuis para cartón e papel como amarelos para os plásticos e envases".

Segundo engade, "consideramos que a formación é fundamental no proceso de separado e reciclaxe, para o mantemento e crecemento dunha sociedade concienciada e responsable á hora de cuidar o noso medio ambiente". 

Te puede interesar