A hostelería de Ribadavia verá reducidas as taxas

O goberno defende este paso porque identifica que a hostelería é un "dos sectores que máis está padecendo os efectos da crise"

Os hosteleiros quedarán exentos de aboar algunha das taxas municipales durante este ano. Esta é unha promesa firme do goberno que sairá da anunciada moción de censura contra o alcalde do PP, César Fernández. Explícitamente, os representantes do PSOE e Ribeiro en Común, adiantaron onte que "o noso futuro goberno non cobrará as taxas de terraza da hostalaría durante o ano 2021". 

Defenden este paso porque identifican que a hostelería é un "dos sectores que máis está padecendo os efectos da crise". Nunha nota rubricada por ambas formacións políticas adiantan que lanzarán "unha liña económica de apoio a traballadores autónomos, pemes, hostalaría e viticultores do noso concello, tamén moi castigados neste último ano".

Para os promotores da moción de censura o sector merece este esforzo por parte do Concello, "falamos de case 20.000 euros en ingresos", de aí que o futuro goberno "comprométese non só a aprobar este tipo de axudas senón que tamén ten preparadas unha liña de axudas directas á hostalaría, autónomos, viticultores ou desempregados sen prestación. 

Te puede interesar