O RIBEIRO

A iluminación da contorna da Alameda mellorará con LED

Os farois serán retirados da rúa Progreso á altura da Alameda.
photo_camera Os farois serán retirados da rúa Progreso á altura da Alameda.

A esta obra engádense os traballos complementarios realizados na contorna da rúa Progreso como a poda das árbores da beirarrúa e os situados no recinto da Alameda

O Concello de Ribadavia procederá na próxima semana á execución dos traballos de substitución da iluminación pública no tramo da rúa Progreso que se atopa á altura da Alameda desta localidade.

Esta obra, de realización directa con fondos e persoal propio do Concello de Ribadavia, era un proxecto pendente que tiña a institución municipal xa que as actuais luminarias, as cales teñen un alto custe de reparación, non ofrecen unha luz directa. Tamén sinalan os responsables municipais que os farois teñen unha estética diferente e que nunca ofreceron un rendemento óptimo de iluminación neste tramo do centro urbano, posto que existen varias zonas de penumbra. 

En total, serán colocados catro novos farois, que serán de tecnoloxía tecnoloxía LED, "o que permitirá un aforro considerable", segundo apuntan as autoridades locais, ao comparar o seu funcionamento coas que serán retiradas. Ademais, engaden que mellorará en gran medida a iluminación, algo que reclamaban os residentes da zona e os veciños en xeral de Ribadavia. Os responsables do goberno local apuntan que o coste desta intervención figura incluído nos orzamentos municipais.

A maiores desta obra, tamén se están levando a cabo traballos complementarios nesta contorna da Rúa Progreso como a poda das árbores da beirarrúa e os situados no recinto da Alameda. As autoridades locais esperan rematar os traballos en próximos días para mellorar a iluminación e a imaxe da zona.

Te puede interesar