Iniciativa para dinamizar los núcleos de las aldeas de Muimenta, Penedo y Osmo

En la aldea modelo de Osmo se están recuperando viejos inmuebles para poner en marcha un proyecto turístico

A Consellería de Medio Rural pon en marcha un Plan de dinamización do núcleo rural das aldeas modelo, que se recolle na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.

Nesa línea. o conselleiro, José González, anunciou que xa se está a traballar na elaboración do Plan de dinamización de tres aldeas piloto: Muimenta, en Carballeda de Avia; Penedo, en Boborás, e na de Osmo, en Cenlle, sinalando que ao longo de 2022 empezarase co seu desenvolvemento. 

Así mesmo, lembrou que en Galicia hai actualmente 14 aldeas modelo declaradas, das cales tres delas xa están en funcionamento e están destinadas a gandaría en extensivo con razas autóctonas. Entre elas está a de Osmo, na que funciona unha explotación de porco celta, onde se están recuperando tamén varias casas en ruinas para crear unha casa rural na que está previsto habilitar unha tenda cos distintos produtos procedentes de todas as aldeas modelos de Galicia.

Nese sentido, a Consellería de Medio Rural considera que  o Plan de dinamización tamén posibilitará desenvolver sistemas alimentarios locais e canles curtas de comercialización, ademais da promoción de estratexias para a xeración de valor engadido nos produtos agroalimentarios e forestais, e o deseño de modelos de negocio local sustentables, entre outras melloras.n

Te puede interesar