Intercambios en Europa e clases de idiomas para xóvenes

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Ribadavia, ven de participar con catro mozas ribadavienses nun curso de formación Internacional no Reino Unido (York) sobre autoemprego e iniciativa empresarial. Continuando coa súa programación de actividades ata o peche deste ano, tamén está prevista a participación entre o 9 e o 15 de novembro nunha actividade de creación dunha rede de socios a nivel europeo, que se desenvolverá en Portugal (Beja). Ambos están financiadas con fondos do programa Xuventude en Acción.
Outra das actividades internacionais que se desenvolverán antes de finalizar este ano, e para a que aínda hai tres prazas dispoñibles (persoas maiores de 18 anos), consiste nun intercambio internacional en Gloucestershire (Reino Unido). Será do 3 ao 10 de decembro e trátase dun intercambio xuvenil multilateral, no que participarán 30 xóvenes de oito países (Romanía, Lituania, Grecia, Alemaña, Bulgaria, España, Croacia, Holanda). Finalmente, na Casa da Xuventude e de asistencia gratuita, estanse a impartir clases de inglés e alemán, empezando a partir de novembro con xaponés e italiano, financiadas pola Xunta e o Concello de Ribadavia.

Te puede interesar