Os investigadores atopan plantas de vides de Galicia que nunca foran catalogadas

Un 13% das variedades de vides analizadas no banco da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), en Leiro, non corresponden a especies coñecidas polos investigadores.
No banco de especies de vide da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), ubicada en Leiro, os investigadores atoparon unha porcentaxe importante de variedades descoñecidas, nun total de 91 alí depo sitadas. Segundo indicaron fontes do centro, ‘analizado máis do 50% do banco, os resultados descubriron que un 13% das variedades revisadas non foran estudadas nunca antes en Galicia pola comunidade científica’.

Nese conxunto de cultivos aínda non avaliados encóntranse tanto variedades brancas coma tintas, e algunhas delas, tal e como apunta Emilia Díaz, técnico da Evega, ‘non foran citadas con anterioridade nin aparecen rexistradas tampouco nas bases de datos existentes fóra de Galicia’.

Según esta investigadora, ‘a explicación pode ser dobre: que se trate de variedades coñecidas fóra con outro nome ou que sexan propias do país, unha disxuntiva que se trata de deter minar nas investigacións actuais’.

As análises de ADN amosan que algunha destas especies están moi vencelladas xeneticamente ás consideradas castes autóctonas de Galiza, e os investigadores consideran que é posible que sexan propias de Galicia. Na actualidade, existen oito variedades autorizadas e 17 recomendadas para o seu cultivo.

Te puede interesar