A Irmandade de Adegueiros incorpora a 31 novos membros

Este sábado ingresarán 31 novos irmandiños (adegueiros e empresas agroalimentarias) na Irmandade Galega de Adegueiros e Agroalimentarios (Irgade), nun acto que desenvolverase na antiga reitoral de Santo André en Ribadavia (futuro museo do viño).
Unidos estes ós do ano pasado suman 70, que están convocados, así como outros moitos adegueiros de todalas denominacións de orixe, ós que se lles imporá a beca da Irgade.
No decurso do acto presentarase o anuncio para fomentar o consumo responsable e solidario das marcas comerciais que etiquetan en galego protagonizado por Benigno Campos, o cociñeiro do programa da TVG 'Larpeiros'.

Confirmaron tamén a súa presenza: Xavier Vence (BNG); Miguel Santalices (PP); Xoán Bascuas (Compromiso x Galicia); Yolanda Diaz (EU); Consuelo Martinez (Anova) e Miguel Fidalgo (PSOE).

Te puede interesar