SAÚDE

Laias acolle unha xornada sobre a balneoterapia e o tratamento da dor

As xornadas estarán coordinadas pola doutora especialista en hidroloxía médica Dolores Fernández Marcos, directora médico de Caldaria Termal, que aglutina os balnearios de Arnoia, Laias e Lobios

O Balneario de Laias, en Cenlle, acolle este fin de semana as xornadas sobre "O tratamento da dor crónica a través da balneoterapia", no marco da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia. Estudantes galegos de medicina, que se están a formar na cura termal, coñecerán os beneficios da terapia termal á hora de abordar a estes pacientes. As xornadas estarán coordinadas pola doutora especialista en hidroloxía médica Dolores Fernández Marcos, directora médico de Caldaria Termal, que aglutina os balnearios de Arnoia, Laias e Lobios.

Comezan hoxe, ás 16,30 horas, e contarase con especialistas como Tomás Marchena, de Medicina Familiar e Comunitaria; Jorge García, psicólogo clínico; e María Fernanda Agras, fisoterapeuta.

Para a xornada do sábado contarase coa doutora Dolores Fernández e o fisioterapeuta do balneario de Laias, Kamil Brezenzski.

Te puede interesar