DEPORTE

Leiro acollerá unha das carreiras "máis antigas" de toda Galicia

Ramón Álvarez, Rosendo Fernández, Francisco José Fernández, Antonio Romero e Ramón Fernández
photo_camera Ramón Álvarez, Rosendo Fernández, Francisco José Fernández, Antonio Romero e Ramón Fernández, na presentación da actividade.

O próximo oito de xullo o municipio repite a XXXV edición da súa Carreira Popular

O municipio de Leiro acollerá o próximo oito de xullo a XXXV edición da Carreira Popular, unha das máis "antigas" de toda Galicia, tal e como explico Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense, durante a presentación da actividade.

A actividade sairá da Praza do Cruceiro ás 10,15 horas para as categorías de 4 a 7 anos; ás 10,30 horas para os participantes de 8 a 17 anos e ás 11,00 horas para os maiores de idade. Cada grupo percorrerá, respectivamente, 300, 2.266 e 9.321 metros. Ao finalizar a proba, os corredores poderán degustar un aperitivo con viños do Ribeiro. 

Os interesados en participar poderán realizar a súa inscripción ata o día 5 de xullo ás 14,00 horas, por un custe de 5 euros para as categorías absolutas e gratuítas para as infantís. 

Te puede interesar