Leiro cantará e bailará hoxe na súa III Foliada

Leiro celebra hoxe a súa terceira Foliada, organizada pola Asociación Cultural Taparraná e a Banda de Gaitas Beira do Avia. As actividades programadas empezarán ás 17,00 horas coa apertura dun mercado de productos artesanais e unha mostra de oficios relacionados co viño do Ribeiro. Para as 17,30 están previstos diversos xogos tradicionais, seguirá un contacontos, ademáis dun pasarruas cos grupos 'Beira do Avia' e 'Os Plateados de Fondós'.
Un obradoiro de iniciación ó baile dará paso á foliada con moitos grupos de música tradicional, sorteos e unha chocolatada.

Te puede interesar