idioma

A linguaxe no Ribeiro centra a tese doutoral de Eduardo Louredo

O traballo demostra que as xeracións de máis idade presentan trazos lingüísticos máis distintivos

O profesor ourensán Eduardo Louredo presentou na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela a tese de doutoramento titulada "Variación e cambio lingüístico en tempo aparente: o galego do Ribeiro", na que estuda as diferenzas no xeito de falar de tres xeracións nos concellos da comarca do Ribeiro.

A investigación foi realizada no marco dun proxecto desenvolvido no Instituto da Lingua Galega da USC que pretende describir os cambios lingüísticos que se están a producir no galego falado das últimas décadas. Nesta tese de doutoramento aplícanse métodos innovadores nos estudos do galego moderno que supoñen a análise comparativa e cuantitativa das características lingüísticas de individuos de distintas idades, sexo e procedencia. A comarca do Ribeiro ten especial interese

lingüístico xa que nela conflúen falas con características do galego central e falas con trazos do galego occidental. O traballo desenvolvido polo doutorando demostra que as xeracións de máis idade presentan trazos lingüísticos máis distintivos e locais, mentres que as xeracións máis novas tenden máis igualar as características do seu xeito de falar. Ademais, dá conta tamén da influenza que ten sobre a lingua da comarca o ensino do galego e o castelán.

Te puede interesar