Os Maios de Leiro recibirán premios e unha bica de agasallo

A asociación cultural 'Álvaro das Casas' organiza o vindeiro domingo a sétima edición do 'Concurso de Maios', aberto á participación de traballos artesáns e coplas de toda a provincia. Un xurado presidido por Celso Domínguez, do colectivo organizador, seleccionará os mellores deseños nas categorías tradicionais, artísticos e infantís, con premios de 150, 100 e 50 euros, mentres haberá dous premios de 100 e 50 euros para as composicións poéticas máis divertidas.
O colectivo cultural que preside o profesor Avelino Muleiro concederá accésits de 30 euros a tódolos 'maios' que se presenten e cumpran as condicións que esixe o xurado, ademais de agasallar cunha rosca a todos eles. A comisión seleccionadora terá representantes da asociación Camiño Miñoto do Ribeiro, Instituto de Estudios Carballiñeses e do Concello de Leiro. 'Álvaro das Casas' tamén organiza os 'Bacelos de Prata' para premiar o uso do galego por parte das adegas.

Te puede interesar