Provincia

Máis de 900.000 euros en obras no IES Ribeiro

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou onte, acompañado do delegado da Xunta, Gabriel Alén, o IES O Ribeiro , en Ribadavia, para comprobar o resultado das reformas que se acaban de executar. A actuación realizouse no seu edificio Abrente, cun investimento de 904.208 euros, e incluíu accións para a mellora da eficiencia enerxética como a substitución das fiestras por outras de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo, a renovación das persianas por unhas novas de aluminio con illante térmico interior e a instalación de novas luminarias con tecnoloxía led.

Así mesmo, cambiouse a cuberta e colocáronse teitos acústicos en aulas e zonas comúns, reforzouse a calefacción, pintáronse os paramentos interiores e exteriores, limpáronse as fachadas, puliuse o pavimento de terrazo e adecuouse un espazo para aula de cociña.

A maiores, mellorouse a accesibilidade ao centro mediante a instalación dun ascensor, así como de aseos adaptados.

Te puede interesar