PROTESTAS - EDUCACIÓN

Manifestación contra o traslado da ESO ao IES do Ribeiro

A protesta arrancará mañá ás 11,30 horas co lema "Por un ensino digno no Ribeiro. Non ao desmantelamento da ESO no CPI Tomás de Lemos"

A comunidade educativa (profesorado, alumnado e familias), a través de CC.OO. convoca unha manifestación para mañá, 28 de xuño ás 11,30 horas, para mostrar á súa oposición ao traslado de ensinanzas da ESO desde o CPI Tomás de Lemos ao IES Ribeiro, "decretado por sorpresa o último día de curso, sen ningún tipo de comunicado nin negociación previa, e que dará lugar só a masificación en canto a aulas e a incertidume do profesorado en canto ao seu futuro", sinalan. 

O lema da manifestación é "Por un ensino digno no Ribeiro. Non ao desmantelamento da ESO no CPI Tomás de Lemos", e partirá do colexio, pasando pola rúas Carballiño, Progreso e rematando na Praza Maior.

O Claustro del Profesores e o Consello Escolar do colexio Tomás de Lemos suscriben un manifiesto mediante o que rexeitan as medidas que foron comunicadas o pasado 22 de xuño. "Estamos en total desacordo coas medidas adoptadas unilateralmente pola Administración educativa, tanto no fondo como na forma das mesmas", sinalan.  Engaden que "estamos seguros que esta medida é totalmente desacertada porque vai empeorar a calidade do ensino xa que reducirá a atención individualizada que se lles ven prestando ao noso alumnado ata o momento". Por iso, solicitan que "teñan a ben revisar e reconsiderar a súa decisión e manteñan a actual situación".

Te puede interesar