MELÓN

Medio Rural executa a parcelaria de terras en Quins

Estas obras súmanse ás que xa se desenvolveron no 2016 para a construción e mellora da capa de rodadura de varios accesos da parcelaria cun orzamento de 91.902 euros, cofinanciados nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural

A Consellería de Medio Rural executa nestes momentos a rede de camiños secundarios na concentración parcelaria de terras que se está levando a cabo en Quins, no Concello de Melón, e nos que se investiron 264.622 euros. Estas obras súmanse ás que xa se desenvolveron no 2016 para a construción e mellora da capa de rodadura de varios accesos da parcelaria cun orzamento de 91.902 euros, cofinanciados nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). 

En total, neste proceso de reestruturación das fincas de Quins lévanse investidos preto de 2,3 millóns de euros, dos cales a meirande parte se destinaron precisamente á execución de camiños. A conselleira, Ángeles Vázquez, mantivo nestes días unha runión coa alcaldesa, Cristina Francisco, interesándose polo proceso.

Te puede interesar