O RIBEIRO

Melloras na contorna do colexio de Francelos

Dibujo
photo_camera Estado actual do acceso ao colexio de Francelos.

O alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez, sinala que actualmente a zona atópase moi deteriorada, polo que é unha actuación moi necesaria

O Concello de Ribadavia, dentro do proxecto de mellora de camiños municipais do Plan Marco 2019/2020 da Xunta de Galicia, levará a cabo a obra de mellora do camiño de acceso á escola de Francelos. Esta intervención, moi demandada polas familias usuarias do colexio e dos veciños en xeral que acceden ao parque desta contorna, será a primeira de varias que beneficiarán a máis parroquias do municipio.

O alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez, sinala que actualmente a zona atópase moi deteriorada, polo que é unha actuación moi necesaria. As obras executaranse nun tramo de 100 metros de longo cunha anchura variable de entre catro e

cinco metros, incrementándose a 10 metros na zona de entrada á escola. Dotarase dun novo pavimento ao mesmo tempo que se instalarán novas luminarias e mobiliario urbano. A intención é realizar a obra canto antes tendo en conta que o Plan Marco debe ser validado pola Xunta de Galicia e que tamén precisa dun informe de Patrimonio xa solicitado. A inversión ascende a 25.000 euros.

Te puede interesar