O Ribeiro

Melón sustituirá o asfalto por pedra no Camiño Real

O Ribeiro

Melón sustituirá o asfalto por pedra no Camiño Real

O Camiño Real transcorre pola parte oeste do Mosteiro da Nosa Señora de Melón.
photo_cameraO Camiño Real transcorre pola parte oeste do Mosteiro da Nosa Señora de Melón.

A inversión de 267.000 euros tamén permitirá eliminar o cableado aéreo

Unha inversión de 267.000 euros fará posible a recuperación do Camiño Real que transcorre pola parte oeste do Mosteiro da Nosa Señora de Melón. O vial, que está asfaltado, será empedrado entre Melón e a ponte sobre o río da Cortella, no núcleo de A Ponte. Con esta intervención preténdese harmonizar este tramo co resto dos elementos patrimoniais que conforman este ámbito de alto interese etnográfico, como son: casas de tipoloxía tradicional, a parte posterior do Mosteiro de Melón ou as acequias tradicionais de rego.

Esta actuación tamén implicará a execución de canalizacións para o soterramento da liña eléctrica para o alumeado público, de forma que se poda eliminar destes contornos o entramado aéreo e os báculos da rede; ao mesmo tempo que se eliminarán elementos discordantes na contorna, co que se pretende reformar e dar continuación a un proceso de humanización, restauración e adaptación dos lugares de maior interese social.

Para a execución deste proyecto, a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e a alcaldesa de Melón, Cristina Francisco, asinaron un convenio, que xa foi ratificado polo Consello da Xunta.

O empedrado e a supresión do cableado aéreo, entre outras melloras, resaltará o monumento para o que está previsto un proxecto, que está pendente da licitación por parte do Ministerio de Fomento para transformalo nun hotel. A inversión ronda 1,8 millóns de euros e o pasado 25 de maio o Ministerio de Cultura daba o visto bo ao plan especial, o plan director e ao proxecto de restauración do edificio e remitialle a documentación a Fomento para licitar as obras.

Más en O Ribeiro
Comentarios