Miguel García: “A resposta da xente cara a organización foi boa e con moita máis forza cá antes”

Miguel García Domínguez.
photo_camera Miguel García Domínguez.
O presidente da Coordenadora da Festa da Istoria explica cómo será a edición deste ano

A Festa da Istoria volta, hoxe e mañá, a Ribadavia, tra-la parálise pola pandemia. Nunha edición, a número 33, na que o programa presenta algunha novidade e máis animación musical. De todo elo fálanos Miguel García, responsable da asociación que organiza este evento de recreación da Idade Media.

¿Qué supón organizar esta festa tras dous anos de parón?

Supón unha responsabilidade e un reto importantes, xa que a festa seguía unha inercia que se detivo no 2019 e podíase dar o caso de que a xente se desanimase. Pero non sucedeu así, e houbo unha gran resposta por parte de todos os implicados na organización e con máis forza cá na última edición.

¿Cántas persoas traballan na organización?

Na asociación somos 19 persoas e cada unha ten adicación a unha actividade concreta do programa. E en cada actividade hai un grupo de voluntarios, que son os que realmente poñen en escea o ensaiado previamente. Estamos a falar dunhas 300 persoas, aproximadamente.

¿Introducíuse algunha novidade na programación?

Sí, hoxe terá lugar no casco histórico un “Escape Room”, que é unha proba de acertixos que promove a nivel europeo a Asociación de Festas Históricas, e no programa tamén haberá máis concertos, para darlle á festa un ambiente de máis animación.

¿Hai previsións de asistencia?

É complicado. É evidente que a xente ten moitas ganas, e a maioría sabe que ten unha cita en Ribadavia o último sábado de agosto. Ribadavia convértese nun polo de atracción e  a Istoria supón unha gran inxección económica para tódolos sectores.

Te puede interesar