O ministro Fernández Díaz achaca a unha 'operación radical' o artefacto explosivo

O ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, atribuíu a unha 'operación radical' a colocación na madrugada deste luns dun artefacto explosivo na porta do concello ourensano de Beade, que causou cuantiosos danos materiais pero non houbo persoas feridas.


'Está claro que é unha operación radical', dixo o ministro nunha entrevista en Antena 3 recollida por Europa Press. Fernández Díaz situou a explosión sobre as 4.15 horas e precisou que rompeu a porta e ventás do Concello. Non obstante, engadiu que aínda non ten máis datos sobre o ataque, que está sendo investigado pola Guardia Civil.

Á fronte do Concello de Beade está o alcalde popular Senén Pousa, que se define como franquista e que ten no seu despacho simboloxía da época da ditadura.

Te puede interesar