A Mostra de Teatro de Ribadavia, Premio Rodolfo Prada

César Fernández presidindo o xurado.
photo_camera César Fernández presidindo o xurado.
A Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia foi recoñecida co Premio Rodolfo Prada á xestión cultural na edición 2023, segundo acordou o xurado da sexta edición destes galardóns, os únicos nesta modalidade en Galicia e dotados pola Deputación de Ourense cun total de 10.000 euros

A MIT ten convertido a Ribadavia na capital do teatro galego, “sendo decisivo na súa profesionalización e converténdose nunha cita de referencia estatal”, segundo remarcou o xurado, baixo a presidencia do vicepresidente segundo, César Fernández.

O segundo foi para A Casa Vella, en Allariz, un espazo de creación en artes escénicas xestionado pola Asociación Cultural A Casa Vella e o terceiro para a Asociación Fotográfica O Potiños, de Carballiño, pola súa labor na posta en valor da fotografía.

Ademais, o xurado recoñeceu a un proxecto de cada provincia galega: A Arca da Noe (Ourense), Abanea (A Coruña), festival Bal y Gay (Lugo) e Cantigas Transhumantes (Pontevedra).

Te puede interesar