Murimenta

Muimenta cederá fincas para ser “aldea modelo”

muimenta jose gonzalez
photo_camera Luis Milia, José González e Marisol Díaz, na xuntanza cos veciños de Muimenta.
José González reuniuse cos veciños deste núcleo de Carballeda de Avia

Os veciños da localidade de Muimenta, no municipio de Carballeda de Avia, deberán asinar a cesión das súas parcelas á Consellería de Medio Rural para a posta en marcha do proxecto para converterse en aldea modelo e, deste xeito, ter limpos os terreos e promover neles actividades agrogandeiras cara o futuro. Neste sentido, na mañá de onte recibiron a visita do responsable do devandito departamento autonómico, José González, que lles estivo a explicar as características deste programa que impulsa a Xunta nas áreas rurais galegas.

O conselleiro, que estivo acompañado polo alcalde de Carballeda, Luis Milia, e a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, subliñou ós veciños que deben estar de acordo e poñer as súas fincas á disposición de Medio Rural durante un mínimo de cinco anos, sen perder a propiedade, para crear nelas actividades agrícolas ou gandeiras.

As Tarefas de limpeza das parcelas para a protección fronte ó lume comprenderán unas 15 hectáreas na contorna de muimenta

Nestas propiedades levaranse a cabo tarefas de limpeza da maleza como protección fronte ós lumes forestais nunha superficie mínima de 15 hectáreas no perímetro urbano de Muimenta. José González lembrou que máis de 30 municipios xa solicitaron a súa adhesión ó programa de aldeas modelo, mentres un total de 230 xa se sumaron ó convenio en toda Galicia para a protección dos núcleos de poboación, sendo deles 78 concellos ós que pertencen á Ourense, cifra que supón unha porcentaxe do 84% sobre os 92 da provincia.

Te puede interesar