CULTURA

O Museo Etnolóxico de Ribadavia ofrece un ciclo de cine clásico

A cita co cine clásico será na primeira quincena de xullo os días 6, 8, 13 e 15, ás 22,00 horas, no patio do museo

O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle a novena edición do ciclo de cine: Marxes Fílmicas, que coincide co 50 aniversario do Cineclube Padre Feijoo. A cita co cine clásico será na primeira quincena de xullo os días 6, 8, 13 e 15, ás 22,00 horas, no patio do museo até completar a capacidade e coas medidas de hixiene e seguridade decretadas polas autoridades ante a pandemia da covid-19. As sesións serán de balde e en versión orixinal. 

O ciclo iniciouse en 2012 e continúa neste 2020, contando coa colaboración do Cineclube Padre Feijoo, e "de novo grazas á súa selección, xestión e proxección dentro dunha realidade especial. O obxectivo da selección de filmes de cine clásico escollidos pola xente do Cineclube Padre Feijoo para esta edición especial é pintarnos un sorriso na cara", sinalan os responsables do Museo Etnolóxico.

Programa

Marxes Fílmicas comenza o día  6 de xullo con "Whisky a fartar" (Reino Unido, 1949), dirixida por Alexander Mackendrick.

O día 8, "A estraña parella" (EUA, 1968), dirixida por Gene  Saks.

A seguinte proxección está prevista para o 13 de xullo, con "Rufufú" (Italia, 1958) de Mario Monicelli.

O ciclo remata o mércores, 15 de xullo, coa película "Sopa de  ganso" (EUA, 1933), dirixida por Leo McCarey.

Te puede interesar