audiovisual

O Museo Etnolóxico pon en marcha un ciclo de cine

Unha sala do Museo Etnolóxico de Ribadavia.
photo_camera Unha sala do Museo Etnolóxico de Ribadavia.
Será todos os sábados de novembro, ás 20,00 horas, e gratuíto ata completar o aforo.

O Museo Etnolóxico de Ribadavia ofrece desde este sábado un ciclo de cine de outono. Será todos os sábados de novembro, ás 20,00 horas, e gratuíto ata completar o aforo. Este ano as miradas etnográficas serán unhas viaxes excéntricas a través do audiovisual de Jaime Prado, Xosé Reigosa, Andrea Vázquez, J.A. Blanco e Iban del Campo, con catro filmes nos que se presenta a lingua, a música, a imaxe e a palabra como resorte do patrimonio e como motor de identidade e alicerce da rebeldía.

"As viaxes excéntricas poden chegar a destinos imprevistos, a realidades que superan o propio inicio do periplo, e obrigan a trazar novas hipérboles que achegan experiencias imprevisibles, pero que ao mesmo tempo poden resultar inesquecibles", sinalan os responsables do museo. 

Despois do filme de Jaime Prado e Xosé Reigosa,"A viaxe de Ruth", que se proxectou e sobre o que se debatiu onte no museo, para o 16 de novembro está previsto "A imaxe reb/velada" de Andrea Vázquez; o día 22, "Mar de terra" de J.A. Blanco; e o sábado 29 de novembro, "Glitering Misfits" de Iban del Campo.

Te puede interesar