O RIBEIRO

O Museo de Ribadavia ofrece un mes de maio cargado de actividades

O programa conclúe o día 31 con actividades ao redor da astronomía e a cultura popular

Con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos, o Museo Etnolóxico de Ribadavia ofrece desde o pasado 5 de maio un programa de diversas actividades. Así, para este xoves está previsto un concerto de coro e conxunto instrumental organizado polo Conservatorio Profesional e Escola Municipal de Música de Ribadavia, ás 20,00 horas. A programación continuará o día 17 cunha iniciativa sobre a Romaría Raigame (Vilanova dos Infantes); e o 25 de maio haberá unha visita ao Museo Etnográfico da Fonsagrada. 

O programa conclúe o día 31 con actividades ao redor da astronomía e a cultura popular, que se desenvolverán no Parque Náutico de Castrelo de Miño.

Te puede interesar