O Museo de Ribadavia ofrece un curso sobre arquivo de imaxes

O curso "O arquivo fotográfico. Estudo e accións preservadoras" está coordinado por María José Ruiz Vázquez, restauradora do Museo Etnolóxico, e impartido polos profesores Luis Pavão e Sónia Casquiço

O Museo Etnolóxico de Ribadavia ofrece dende o día 20 e ata o 23 deste mes o curso "O arquivo fotográfico. Estudo e accións preservadoras", coordinado por María José Ruiz Vázquez, restauradora do Museo Etnolóxico, e impartido polos profesores Luis Pavão e Sónia Casquiço.

O primeiro día abordaranse as coleccións de fotografía, formas de produción, produtores e coleccionistas, xunto coa identificación dos procesos fotográficos e as súas formas de deterioración. Tamén aborda o inventario como ferramenta decisiva para a elaboración dun plan de preservación e tamén as prácticas de identificación dos procesos fotográficos e formas de deterioración. O día 21, as nocións xerais de preservación e conservación de fotografía.

Para o día 22, o programa contempla a conservación e restauración dos negativos en vidro e película, problemas de estabilidade dos soportes plásticos e embalaxes para negativos. O curso continuará o 23 de xullo sobre a conservación e restauración das copias en papel, problemas dos soportes. Embalaxes e a dixitalización das coleccións de fotografía. Ademais de prácticas de limpeza.

Te puede interesar