o ribeiro

Os nenos ocuparán o verán de campamento en Ribadavia

Nos próximos días decidirá a empresa que levará a cabo o servizo para proceder a abrir os prazos de inscripción

A Concellería de Benestar Social de Ribadavia organiza como cada ano os campamentos de verán para os rapaces. Esta tempada, debido ás diferentes propostas de servizos recibidas de empresas no concello, estase a valorar a que mellor se adapte, procurando ter diversas e variadas actividades, unha boa xestión, a garantía de responsabilidade por parte da empresa e un bo funcionamento para a tranquilidade das familias, segundo apunta a concelleira, Noelia Rodríguez. A responsable deste departamento municipal sinala que se está a traballar "para asegurar o éxito tanto de participación como de valoración por parte das familias usuarias".

O Concello de Ribadavia afirma a concelleira que ten un firme compromiso co desenvolvemento destes campamentos ao igual que o leva facendo durante os últimos anos. Nos próximos días decidirá a empresa que levará a cabo o servizo para proceder a abrir os prazos de inscripción.

Te puede interesar