OCIO

A Noite Meiga dedica toda unha xornada aos rapaces

<p></p>
photo_camera Desfile da Santa Compaña nunha edición anterior da Noite Meiga, en Ribadavia.

O 27 e o 28 de outubro haberá atraccións, teatro, música e moito terror

A asociación de Ribadavia Activa-T organiza a 17 edición da “Noite Meiga”, prevista para o próximo 28 de outubro. Será unha festa chea de actividades ao longo da tarde noite do sábado pero este ano destaca como novidade a xornada do venres infantil (27 de outubro), adiantando a Noite Meiga un día para dedicala aos nenos.

A festa comezará pola maña co teatro “Bailando con meigas”, que terá lugar no Colexio CEIP de Ribadavia, ás 12,00 horas; e xa pola tarde desde as 16,30 ás 20,00 horas, na Alameda, haberá varias atraccións para os rapaces como unha yincana de 24 metros, un circuito de kars, un futbolín humano, e tobogán e castelo inchables.

Ademais de contar cunha exposición de cabazas elaboradas por todos os escolares na Praza da Abastos.

En canto ao sábado, a Noite Meiga ofrecerá por primeiro ano, coa colaboración da Asociación Lúdico Cultural de Magos do Ribeiro, unha Conferencia de Maxia de Rúa a cargo do mago Raul Camawey, para magos profesionais, magos afeccionados e tamén de libre acceso para o público en xeral.

A organización tamén destaca que o concertó Fin de Festa, que terá lugar no salón do Club Artístico de Ribadavia, será do grupo de música galego “Fillos do Estramonio”, con entrada libre.

As entradas para o Pasaxe do Terror poderanse mercar a partir do 20 de outubro en "Lisanavia" de Ribadavia e o mesmo día da festa a partir das 19,00 horas na finca da MIT (Praza Maior). Este espectáculo é para maiores de 12 anos, cun aforo limitado.

Outras actividades consistirán nun Baile de Feiticeiros para os nenos, Desfile Meigo, actuacións de grupos de percusión, grupos de baile, teatro e queimada para todos os asistentes. "E tamén hai que estar atentos ás redes sociais xa que haberá un Flasmob especial para a Noite Meiga", segundo sinalan membros de Activa-T.

Te puede interesar