TEATRO

A novela histórica de Susana Maceira será levada ao teatro

Luis Milia, Susana Maceira, Manuel Baltar, Alejandro Giles e César Fernández.
photo_camera Luis Milia, Susana Maceira, Manuel Baltar, Alejandro Giles e César Fernández.

A Deputación de Ourense e os concellos de Ribadavia e Carballeda de Avia farán posible a montaxe teatral e a estrea da obra "Al fin pasaron", un espectáculo baseado na novela da historiadora e escritora galego-arxentina Susana Maceira.Con tal motivo, este xoves celebrouse unha reunión entre o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, e os alcaldes de Ribadavia, César Fernández, e de Carballeda de Avia, Luis Milia; coa autora da novela, Susana Maceira, e co director teatral Alejandro Giles.

O titular da Deputación de Ourense confirmou o apoio da institución provincial a esta montaxe teatral, da que son autoras a propia escritora Susana Maceira e Alejandra Tallarico e que está dirixida por Alejandro Giles. 

Segundo o plan de produción, a estrea e presentación da obra terá lugar en Ourense e Ribadavia no primeiro trimestre de 2021, para logo iniciar unha xira por diferentes teatros de Madrid, Barcelona e outras cidades de España onde a memoria histórica sexa un tema de relevante importancia, así como en Arxentina.

A novela de Maceira: "Un mundo que no vi" é un recoñecemento ás mulleres da guerra e posguerra que levantaron a economía familias. A autora inspírase na historia dos seus pais que escaparon para Arxentina, desde a localidade de Beiro, en Carballeda de Avia, de onde eran orixinarios. 

O Concello de Ribadavia tamén participa no proxecto, aportando infraestruturas para os ensaios e por ser cabeceira da comarca.

Te puede interesar