Novo saneamento en Sifón e en San Vicenzo

El edificio Alvetus, en Sifón, acoge 32 residentes, lo que ha supuesto un aumento de población.
photo_camera Localidad de Sifón. Foto de archivo.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, rematou a execución das obras de mellora do saneamento nos núcleos do Sifón e de San Vicenzo, no concello de Avión, que supuxeron un investimento de máis de 166.000 euros.

A actuación centrouse na conexión das redes de saneamento destes dous núcleos co colector xeral de Avión, que anteriormente contaban con redes de saneamento que confluían en fosas sépticas cun funcionamento deficiente. As obras que vén de rematar a entidade hidráulica da Xunta incluíron a execución dunha rede de conexión ata a depuradora de Avión, xa deseñada no seu día para atender tamén á poboación destes dous núcleos.

Esta nova intervención no municipio dá continuidade ás obras realizadas no ano 2013 pola Xunta, coa execución de dous colectores xerais nos núcleos de Avión, Cendóns e
Beresmo, e dunha nova depuradora para 1.250 habitantes equivalentes, que supuxo un investimento de 830.000 euros.

Te puede interesar