Nuevo impulso a la fiesta del vino

El recinto ferial en 2019, edición anterior a la pandemia. XESÚS FARIÑAS
photo_camera El recinto ferial en 2019, edición anterior a la pandemia. XESÚS FARIÑAS
La Alameda de Ribadavia acogerá los días 29 y 30 de abril y 1 de mayo 34 expositores de bodegueros y “colleiteiros”, habrá catas comentadas con prestigiosos sumilleres, gastronomía, visitas a lugares de interés, música y juegos infantiles

A Feira do Viño do Ribeiro recupera en esta 59ª edición (días 29 y 30 de abril y 1 de mayo) su anterior esplendor, con un formato presencial que la pandemia obligó a suprimir en los dos últimos años. La Alameda acogerá de nuevo hasta un total de 34 expositores de los mejores vinos de la Denominación de Orixe Ribeiro, cuya elaboración corresponde a los bodegueros y “colleiteiros”, que echaban en falta el contacto con el público y este evento que promociona sus marcas y fomenta su venta.

La gastronomía volverá a tener un papel importante dentro del recinto ferial, así como las catas comentadas por prestigiosos sumilleres. La música en directo amenizará la feria y las calles de Ribadavia; habrá exposiciones y visitas guiadas, pudiendo disfrutar también los niños de un espacio de juegos.

El “colleiteiro” Arsenio Paz, de Bodega A Vilerma, se encargará del pregón en la jornada inaugural prevista para mañana.

Voces destacadas

MIGUEL ÁNGEL VISO DIÉGUEZ, presidente D.O. Ribeiro 2012-2016

Para un veciño de Arnoia, que continúa o carácter viticultor de varias xeracións, non cabe maior orgullo que presidir a Denominacion de Orixe máis antiga de Galicia e unha das máis importantes do territorio nacional: O Ribeiro.

Falo do Ribeiro con paixón, dun territorio onde o viño tradúcese en arte, historia, cultura, en atractivo para o viaxeiro, pero sobre todo no respecto que che transmiten os teus pais por unha terra única á que tanto traballo dedicáronlle. Todo iso xorde nada máis descorchar un viño Ribeiro.

É unha percepción persoal, o meu propio concepto do viño, pero co que moitas persoas coincidimos. Como tamén coincidimos á hora de gozar dun momento tan especial como é a Feira do Viño do Ribeiro, referencia en Galicia e que foi evolucionando cara a un elegante escaparate onde adegas e colleiteiros ofrecen os seus mellores viños a un público esixente e que nesta edición volverá ao seu formato de sempre no recinto da Alameda de Ribadavia. Nestes días celebraremos a nosa tradicional relación co viño, nunha sorte de disfrute e respeto por un produto que merece o cualificativo de patrimonio histórico e cultural, onde rendemos homenaxe a viticultores e enólogos, a adegueiros e colleiteiros, que nos brindaron, nunca mellor dito, novas propostas con tostados ou espumosos de Treixadura, pondo en valor tamén o traballo do Consello Regulador da Denominación de Orixe nos seus dous piares, o do control e o da promoción.

A industria vitícola deulle unha dignidade especial ao noso campo, moldeando a paisaxe, xerando emprego e riqueza. Xa nos séculos IX e XVII Galicia exportaba viños do Ribeiro a outras cidades de Europa e América, onde era apreciado pola súa calidade. Hoxe mesmo deixa a súa pegada en ámbitos tan diversos e impensables como a literatura, a enxeñería e a arquitectura.

A actividade vitivinícola é un «motor» que arrastra a outros sectores e ofrece futuro aos nosos pobos. Para impulsar este motor é necesario seguir contando coa sensibilidade das administracións e da sociedade no seu conxunto, impulsando un desenvolvemento cualitativo. Unha maior concienciación que debería trasladarse a todos os elos da cadea da comercialización do viño: a hostalería, a alimentación e cada axente que participa nela.

A unidade é básica neste fin. Todos unidos debemos defender os intereses que compartimos en beneficio do conxunto. E neste contexto, a Feira do Viño do Ribeiro é nosa mellor ferramenta.

Unha oportunidade tamén para establecer sinerxias entre o viño e outros sectores de actividade económica como o turismo. É necesario seguir defendendo a cultura do viño. Se non o facemos, non só perderemos un sector económico, senón que, o que é peor, perderemos unha parte fundamental de nosa propia identidade cultural.

LUIS MILIA MÉNDEZ, presidente do Consello Regulador do Ribeiro entre 1988 e 1992

No presente ano 2022 celebramos a 59 edición da Feira do Ribeiro. Con ela culmínase un proceso que nace nas viñas e continúa nas adegas, onde agricultura e “colleiteiros” dan o mellor de si mesmos para darlle máis prestixio a estes viños milenarios da Denominación de Orixe do Ribeiro.

A dedicación e o cariño cos que o agricultor coida as súas cepas tradúcense na excelente calidade dos viños elaborados con variedades nobres, sendo a Treixadura a uva estrela. Do mesmo xeito, estes viños tamén prestixian a comarca, alcanzando cotas de calidade que a sitúan no ranking dos caldos máis apreciados.

Os viñedos que tapizan as terras do Ribeiro sempre foron orgullo e sustento dos seus viticultores, que, coa elaboración do viño ou a venda das súas uvas, conseguían un complemento básico para as economías familiares.

Para a nosa denominación, é clave ampliar as hectáreas de produción mediante polígonos agroforestais como instrumento dinamizador do noso medio rural. Nesta liña se enmarca a idea da Conselleira de Medio Rural, á que animo a seguir traballando con afán para que estes proxectos se consoliden.

A feira é un escaparate onde o produto final é mostrado ao público e, en especial, aos restauradores que exercen como embaixadores dos nosos viños. Cada stand ofrece con orgullo para a súa degustación o mellor da súa colleita, tanto “colleiteiros” como “bodegueiros” rivalizan nas catas para alzarse cos primeiros premios en tintos e brancos. Estes premios son un aliciente para estes profesionais que, sen dúbida, servirán para animalos a seguir traballando para innovar e mellorar, se elo resulta posible.

E, como toda feira que se prece, hai que ligala á gastronomía, porque non hai nada mellor que unha boa comida regada cun bo viño en compañía dos amigos. O carácter lúdico desta festa garante máis xornadas que os visitantes, amantes do enoturismo, apreciarán deambulando polos fermosos recunchos de Ribadavia, para rematar na alameda paladeando e desfrutando unha copa de bo viño.

FELICÍSIMO PEREIRA,  presidente D.O. Ribeiro 2016-2017

En la tarde del 29 de abril comienza la 59 Feria del Vino, un evento que ensalza los vinos del Ribeiro y en el que bodegas, cooperativas y colleiteiros hacen la presentación de los vinos que elaboraron esta última vendimia. La Feria del Vino ya lleva siendo ese escaparate desde hace 59 años.

Paradójicamente cuando la Feria del Vino nos presenta el fruto de nuestras cepas, estas ya empiezan a brotar preparando los vinos que serán presentados en la feria del siguiente año.

La Feria del Vino consigue que en torno al mundo de la viticultura se reúnan políticos, bodegueros, colleiteiros, viticultores, artistas, la gente del Ribeiro, y también la de toda Galicia y de fuera de Galicia, para pasar unos momentos felices y emotivos en los que los vecinos del Ribeiro expresan la felicidad que les da un año más poder presumir de sus vinos y con su hospitalidad e ilusión, y así se lo hacen saber a los visitantes que pasan por aquí. La Feria lleva 59 años, y para hacer este largo camino tuvimos que pasar por toda clase de vicisitudes, pero se vencieron y ya hace bastantes años que podemos decir que estamos en la Feria del Vino que queremos, esa Feria que fomenta la unión, la amistad, la alegría y todo en torno al vino del Ribeiro, al que se mima y se trata con tanto amor y cariño en estas tierras.

La Feria del Vino es un evento que dinamiza la economía de la zona, une a sus gentes y es, y será, el gran escaparate del Ribeiro.

LUIS CONGIL, xornalista e divulgador do viño

O viño do Ribeiro pecha hoxe un círculo de oitocentos anos, voltando a ser o produto de éxito internacional que xa era no século XIII, cando nos tempos de Afonso X “O Sabio” era cantado coma o viño das elites ilustradas e mercantís europeas. Tras unha inflexión negativa nos séculos XVI e XVII, por mor das guerras europeas, e logo dunha lenta recuperación de catro séculos con altos e baixos dacabalo das crises agrarias, sociais e fitosanitarias, os viños do Ribeiro veñen de arribar ao que poderíamos considerar a súa “Segunda Idade de Ouro”.

No medievo, grazas as exportacións das irmandades da “Marisma de Castela”, unha riada de “ribadavias” fluía polas arterias viarias dos arrieiros cara os portos atlánticos, e de alí aos emporios ingleses e holandeses. A roturación de terras para viñas acadaba o máximo histórico nos ribeiros do Avia e do Miño, e todas as ordes relixiosas con presencia en Galicia plantaban viña e adega na comarca.

Nunha insólita operación de marketing, o Apóstolo Santiago converteuse no 1428 no “Apóstolo do viño”, ao decretar o arcebispo Diego de Mendoza a celebración do primeiro Ano Santo: os barcos que traían aos peregrinos desde Inglaterra e Escocia, voltaban á illa cargados ata as bordas de Ribeiro. Se Europa se fixo peregrinando a Compostela, como dixo Goethe, tamén se construíu bebendo viño do Ribeiro.

O propio duque de Lancaster, Juan de Gante, que sitiou a vila de Ribadavia no 1386 durante a Guerra das Dúas Rosas (inspiración confesa do Xogo de Tronos de George R.R. Martin) louvou o viño do que se incautara no ribeiro, e introduciu a moda do seu consumo na corte inglesa.

A cultura do viño emprendeu na prehistoria unha longa viaxe de máis de 6.000 anos desde as montañas do Cáucaso ata a Fisterra europea, de mans de asirios, babilonios, fenicios, gregos e romanos. Pero o salto a América -baluarte hoxe de boa parte da demanda e da produción do viño mundial- produciuse desde Galicia, concretamente co viño do Ribeiro alixado nas naves de Colón, feito do que queda a testemuña no Arquivo Nacional de Simancas, mediante “una o dos pipas de Ribadavia”, que levaba un clérigo galego.

Se os historiadores sinalan que o descubrimento de América puxo fin á Idade Media, entón Europa entrou na Idade Moderna bebendo viño do Ribeiro. O viño galego converteuse, grazas á viaxe de Colón, no primeiro en alzar a voz na nova narrativa conxunta mundial, en ser o primeiro viño global: o primeiro en ser consumido á vez no novo e no vello continente.

E no século XVII, a piques de que a xeoestratexia e as guerras internacionais dinamitaran esta “Primeira Idade de Ouro”, a mesmísima monarquía inglesa consumía “ribadavias” e disfrutaba con eles na mesa co seu Gran Chanceller, o fundador do método científico, Sir Francis Bacon, como proximamente divulgará unha publicación especializada.

A Guerra de Sucesión española, os conflitos de relixión en Europa e diversas tensións sociais e políticas, xunto coas pragas de oídium, mildeu e filoxera dos séculos XIX e XX acabaron co dominio do primeiro viño global. A emigración, o abandono rural e a aposta polas variedades foráneas levaron ao Ribeiro aos seus mínimos históricos.

Pero hoxe, tras longas e penosas vicisitudes de séculos, a tecnificación, o traballo sufrido e a recuperación das variedades tradicionais voltan a elevar aos “ribadavias” ao seu máximo nivel. Están rexistrados 5.500 viticultores no Ribeiro, agrupados en torno a 115 adegas e colleiteiros. Hai 2.500 hectáreas adicadas ao viñedo, e estanse xestando diversos intentos de ensanchar este horizonte. A produción media é de 14 millóns de quilos de uva anuais, e calquera guía de viños alberga numerosas marcas do Ribeiro entre os primeiros postos dos seus rankings.

Os “ribadavias” do século XXI expórtanse a máis de 25 países de todo o mundo, e xigantes coma “Pago de Carraovejas” desembarcan, coma outrora os beneditinos ou os templarios, procurando o seu anaco entre os mellores bacelos da comarca.

O próximo 19 de xullo, o Museo do Viño de Galicia cumprirá tres anos aberto, na histórica reitoral de Santo André de Camporredondo, convertido no referente da cultura do viño galega, e a principios deste mes de abril, o Challenge du Vin de Burdeos elixiu un ribeiro como mellor viño a nivel mundial.

O Ribeiro entra, pois, nesta primeira Feira do Viño totalmente presencial tras a pandemia mundial, na súa Segunda Idade de Ouro. Preguemos coma no epitafio de don Álvaro Cunqueiro (que nos anos 60 protagonizou as primeiras campañas gráficas do Ribeiro) que desta volta sexa por mil primaveras máis.

FRANCISCO J. GIL, periodista, presentador de “Cosas de comer” en Telemiño

La historia de la Feria del Vino del Ribeiro discurre casi en paralelo a la del consejo regulador de su denominación de origen. El primer reglamento de la DO Ribeiro se aprueba en 1957, siete años antes de la primera feria, que se celebra en Ribadavia en 1964. Pero la historia del Ribeiro como región vinícola tiene tras de sí siglos de recorrido. La expansión de la vitivinicultura comenzó a producirse a partir de la Edad Media. En ese momento el viñedo hace ya tiempo que dejó su origen mediterráneo para ocupar las fincas menos aptas para el cultivo de hortalizas y frutales, una manera de asegurar el máximo rendimiento de la tierra y Galicia en general y el Ribeiro en particular no es una excepción de ello.

Si viajáramos en el tiempo, por ejemplo a los siglos XVIII y XIX, nos encontraríamos con un uso del vino muy diferente del actual. Entonces era el sustento energético, la principal fuente de calorías de la vida en el campo. El gran alimento por excelencia. El vino tinto domina sobre el blanco, entre otras razones porque su doble fermentación, la alcohólica y la posterior maloláctica, le confieren una mayor estabilidad para poder ser transportado y comerciar con él. Los vinos no tienen mucho grado alcohólico, pero sí el suficiente como para que cumplan una misión adicional a la energética, que es aportar una bebida saludable en épocas en las que el agua es fuente de muchas enfermedades infecciosas, como el cólera o el tifus. A bordo de los barcos, el vino se mantiene en sus toneles de madera sin corromper el tiempo suficiente como para garantizar una bebida segura durante todo el viaje.

En ese contexto en el que el vino se convierte en un producto de primera necesidad, el Ribeiro comienza a destacar por sus cualidades y su calidad. Está acreditado en numerosos documentos que lo ponderan. En las guías de viajeros, tanto de la época de la ilustración como en el siglo XIX, especialmente a partir de que se empiezan a extender las líneas del ferrocarril, el vino del Ribeiro alcanza tal reconocimiento que su denominación de origen se señala como marca de garantía. Tanto es así, que otros productores, totalmente ajenos a los valles de esa comarca invocan su nombre incluso para vinos que no tienen nada que ver con su procedencia, falsificando así un origen sobre el que empieza a haber medidas para garantizar su protección, medidas que se irán perfeccionando hasta lograr, en 1956, la creación de su consejo regulador.

A lo largo de los 58 años de historia de la feria del vino del Ribeiro, Ribadavia sirvió de escaparate para mostrar lo mejor de una región vinícola que hasta entrar en el siglo XXI era la más productiva de toda Galicia, la más famosa, y la que era objeto de peores tropelías. La venta de vino turbio al que calificaban de “tipo Ribeiro”, en ciudades como Madrid y Barcelona, o incluso en los bares de vinos de Santiago y Vigo, flaco favor hacían a los consumidores y a los preocupados bodegueros y colleiteiros del Ribeiro que se tenían que enfrentar a una reputación deteriorada por la acción de desalmados que vendían vinos de dudosa procedencia invocando un origen que nada tenía que ver con su verdadera naturaleza. En ese contexto, la feria servía de referencia, para mostrar al mundo el verdadero Ribeiro, frente a las burdas copias.

En su recorrido por la historia contemporánea del Ribeiro, la feria de Ribadavia también ha sido testigo de la gran transformación que se ha venido produciendo en el curso de las últimas décadas, desde los primeros años de la de 1990 y, sobre todo, desde la llegada del nuevo siglo. Una transformación que ha ido en paralelo a la propia transformación socioeconómica de la Galicia rural. La pérdida de población, la falta de relevo generacional, el alto coste que representa el minifundio en la viticultura… Sin necesidad de retraerse más atrás en el tiempo, en una década, el Ribeiro perdió dos tercios de sus viticultores y más de la mitad de la superficie cultivada. No es casualidad que eso se haya traducido en una significativa caída en la producción de vino. Hasta tal punto es así que si en el pasado se consideraba una gran cosecha aquella que lograba acercarse o incluso superar los veinte millones de kilos, ahora el listón de la buena cantidad se ha bajado hasta los 11 o 12 millones de kilos.

Podría parecer un escenario dramático. Sin embargo, resulta por el contrario, muy alentador, porque con la mitad de la producción, el Ribeiro ha logrado expandirse como nunca por los mercados internacionales. Bodegas y colleiteiros perfilan una gran diversidad que es capaz de sorprender en todos los grandes concursos internacionales. El más reciente, en Burdeos, el “Challenge international du vin”, no solo le otorgó al Ribeiro 9 de las 14 medallas recibidas por vinos gallegos, sino también la medalla al mejor vino blanco en concurso al Ramón do Casar Nobre. En 2021, un tinto del Ribeiro, elaborado por la joven colleiteira Mónica Albor, recibió el premio al mejor vino español, de entre todos los blancos y tintos, solo por poner dos ejemplos significativos del peso que van logrando los vinos de esta región vinícola allí donde son catados.

Te puede interesar