O Ribeiro

O obradoiro comarcal do Ribeiro realiza melloras nos espazos públicos

O Ribeiro

O RIBEIRO

O obradoiro comarcal do Ribeiro realiza melloras nos espazos públicos

Marisol Díaz, acompañada de alcaldes e do personal do obradoiro.
photo_cameraMarisol Díaz, acompañada de alcaldes e do personal do obradoiro.

Os 20 alumnos que se están a formar neste obradoiro realizan labores de xardinería e albanelería en núcleos de poboación dos concellos de Arnoia, Beade, Cenlle, Cortegada e Leiro

Un total de 20 desempregados participan na actualidade no proxecto "Ribeiro en marcha", un obradoiro promovido pola Mancomunidade do Ribeiro e que contan cun contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses para especializarse en actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e fábrica de albanelería. Os alumnos que integran esta iniciativa recibiron este mércores a visita da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, quen foi de animalos a aproveitar ao máximo a oportunidade que se lles brinda e a seguir mellorando a súa cualificación para acceder a un posto de traballo. Neste sentido, a representante da Xunta lembrou que os obradoiros de emprego permiten, ademais, aos participantes recibir un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado.

Os 20 alumnos que se están a formar e traballar neste obradoiro realizan labores xardinería e albanelería en núcleos de poboación dos concellos pertencentes a esta entidade supramunicipal, que son os de Arnoia, Beade, Cenlle, Cortegada e Leiro. Este programa mixto de formación e emprego ten previsto rematar a mediados do vindeiro mes de agosto e durante a súa duración estánse a levar a cabo, entre outras actuacións, o acondicionamento do espazo público para lecer nas Lombas, en Arnoia; a zona verde na área do Salgueiral e a cubrición dos vestiarios do campo de futbol de San Bartolomé, en Leiro; a recuperación ambiental do paseo das beiras do Miño e a construción de beirarrúas e xardíns fronte á Casa do Concello de Cenlle. 

Más en O Ribeiro