MELLORAS

O obradoiro de emprego limpa o río Avia en Leiro

Terreos xa desbrozados á beira do Avia, en Leiro.
photo_camera Terreos xa desbrozados á beira do Avia, en Leiro.
Os operarios realizaron unha intensa laboura de desbroces e retirada de maleza en toda a marxe esquerda do Avia

Os alumnos do obradoiro de emprego da Mancomunidade dos Concellos do Ribeiro remataron nestes días os traballos de acondicionamento da contorna do río Avia ó seu paso por Leiro, un dos planos de actuación contemplados no proxecto de inserción laboral. Deste xeito, os operarios realizaron unha intensa laboura de desbroces e retirada de maleza en toda a marxe esquerda do Avia, centrándose na paraxe natural de O Salgueiral, onde existe unha praia fluvial que é visitada semanalmente por centos de bañistas procedentes de diferentes puntos de Galicia, e que o Concello de Leiro quixo poñer a punto para esta tempada de verán.

Ó respecto, cabe lembrar as queixas feitas en anos anteriores polos visitantes desta praia sobre o seu estado de abandono e falta de accesos ó río para persoas maiores ou de mobilidade reducida, que  agora foron acondicionados. Os traballos do obradoiro tamén tiveron a súa incidencia na reparación do peche perimetral do campo de fútbol de San Bartolomeu, así como en tarefas de axardinamento do seu perímetro.

Te puede interesar