O Ribeiro

Un obradoiro enseña ós xóvenes a actuar 'con optimismo'

O Ribeiro

Un obradoiro enseña ós xóvenes a actuar 'con optimismo'

O Concello de Castrelo de Miño en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, presenta por terceiro ano consecutivo os obradoiros Activa 2013, para a formación e información da xente nova de Castrelo. Desenvolveranse no salón de actos do Concello o próximo 19 deste mes de outubro, entre as 10,00 e as 12,00 horas.
A actividade está dirixida a xóvenes maiores de 16 anos e só recibirán diploma os asistentes menores de 30 anos, que posteriormente poderanse recoller na OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil)do Concello de Castelo de Miño.

O obradoiro abordará a oratoria motivacional ou coaching. Os participantes terán a oportunidade de reflexionar sobre os problemas da actualidade, sobre as experiencias e ideas que invitan a manterse activos e que apoian o desenvolvemento persoal como o único camiño cara o éxito.

Deste xeito, no taller trataranse as técnicas a seguir para librarse dos pensamentos negativos ou para facer fronte a crise económica, abrindo paso ás posibles oportunidades, tamén a importancia da actitude e do coeficiente de optimismo.

Os interesados en participar poden anotarse nas oficinas municipais ou chamando o teléfono 988 493 100.