VOLUNTARIADO

A Oficina Xuvenil de Ribadavia busca un voluntario para viajar a Letonia

O voluntario seleccionado traballará de apoio na creación e mantemento da colección do patrimonio histórico dixital na parroquia de PelçI

A Oficina de Información Xuvenil de Ribadavia ofrece a posibilidade a un voluntario para a prestación de diversos servizos durante nove meses en Letonia, desde o próximo mes de setembro ata maio de 2017. Os interesados deberán presentar a solicitude antes da data límite, que é o 10 de abril.

O voluntario seleccionado traballará de apoio na creación e mantemento da colección do patrimonio histórico dixital na parroquia de Pelçi, rexión Kuldiga. Tamén colaborará na organización de eventos (festivais ou celebracións como a Noite Anual de Lendas no palacio Pelçi) e de apoio ás actividades da súa biblioteca internacional

Te puede interesar