Política

A oposición de Ribadavia reclama que non se peche o colexio da Alameda

RIBADAVIA (CEIP PLURILINGÜE RIBADAVIA - EDIFICIO ALAMEDA). 05/03/2018. OURENSE. Vista panorámica del CEIP PLURILINGÜE RIBADAVIA sito en la Rúa Alférez Provisional donde se imparten clases de educación infantil y una línea de 1º y 2º nivel de educación primaria. FOTO: ÓSCAR PINAL.
photo_camera Edificio do colexio da Alameda, en Ribadavia. (FOTO: ÓSCAR PINAL.)
No pasado mes de febreiro todos os grupos da oposición sacaron adiante unha moción en favor do colexio da Alameda e contra do seu peche, na que se abstuvo o grupo de goberno do PP.

Os grupos municipais do PSOE e Ribeiro en Común reclaman que se manteña aberto o colexio da Alameda de Ribadavia. A Xunta e goberno local, así como a dirección do centro queren pechar este centro educativo e ambos grupos da oposición refírense á nova realidade e ás normas que implica o covid-19 que "fan necesario manter o colexio da Alameda aberto, posibilitando así unha maior oferta de aulas e unha mellor ratio de alumnado". 

No pasado mes de febreiro todos os grupos da oposición sacaron adiante unha moción en favor do colexio da Alameda e contra do seu peche, na que se abstuvo o grupo de goberno do PP. Estes dous grupos lembran que agora esíxense "novas pautas de distanciamento e seguridade, novas normas que a priori fálannos dunha educación en aulas non masificadas e con ratios que faciliten esa normativa que as autoridades sanitarias e educativas establecen para os nosos nenos".

Por iso, engaden PSOE e Ribeiro en Común que "parece pouco aconsellable que nesta nova situación se continúe defendendo por parte do PP e dirección do centro a acumulación e concentración de alumnado a través do peche do colexio da Alameda".

En consecuencia, presentaron unha moción na que instan ao Concello de Ribadavia a que esixa ao Goberno galego o mantemento do colexio da Alameda, ao mesmo tempo que reclaman "unha ratio que favoreza o distanciamento, a prevención e as medidas de seguridade nesta nova normalidade. Unha ratio favorable a un proxecto educativo de calidade, sobre todo en idades de infantil, e reformar ás ratios que nos impoñen e que van contra os criterios básicos dunha educación de calidade", segundo se recolle na moción.

Te puede interesar